Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

O Sergas abre puntos para a realizacións de test da covid en Vilalba, Sarria, Viveiro e Ribadeo

Por 11 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos do Sergas abriu este luns novos puntos para realización de probas diagnósticas de covid (os test de antíxenos) nos municipios de Vilalba, Sarria, Viveiro e Ribadeo, que se suman aos que xa estaban a funcionar na cidade de Lugo, en Monforte de Lemos e en Burela.

Dese modo, desde hoxe funciona na zona centro da provincia tres puntos para a realización de probas diagnósticas. O de Lugo segue na Xefatura Territorial de Sanidade e en Vilalba sitúase no auditorio municipal Carmen Estévez, mentres en Sarria queda ubicado na Biblioteca Municipal, na Casa da Cultura, terán en todos os casos un horario de tarde de 16:00 a 20:00 horas.

Na zona sur da provincia, seguirá funcionando o punto situado na zona de Consultas Externas do Hospital de Monforte, con horario de luns a venres de 15:00 a 20:00 horas.

Na Mariña, a realización de probas diagnósticas amplíase aos municipios de Viveiro e Ribadeo, ademais do punto que xa funciona en Burela na Casa do Mar, de luns a domingo, en horario de 12 a 18:00 horas.

En Ribadeo realizaranse as probas diagnósticas os luns, mércores e venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas, no polideportivo municipal; mentres que en Viveiro será de xoves a sábado, na mesma franxa horaria, na sala multiusos da casa do Concello.