Skip to main content
Folgoso do Courel

Coureleando organiza unha ruta pouco frecuentada nas terras do Courel

Por 20 Xaneiro, 2022Xaneiro 21st, 2022Sin comentarios

O grupo Coureleando oferta unha ruta pouco frecuentada nas terras do Courel o vindeiro 22 de xaneiro. Unha xornada completa para contemplar petroglifos, aldeas, devesas, e vales. A Devesa Grande de Paderne é unha xoia botánica que os participantes poderán ver dende os miradoiros das Penas da Escrita.

O roteiro será de carácter circular pola parte alta do val do Río Pequeno. A saída será dende Paderme, dende alí, os participantes subirán ata Pedrafita de Courel a través dun dos vales máis fermosos de Galicia. No Alto da pedra, unha microreserva de orquídeas collerase cara a dolina da Cova do Acevedo, o antigo Neveiro dos monxes de Samos, para subir o cumio da Serra da Escrita onde se poderán ver uns petroglifos que son os únicos catalogados no Concello de Folgoso do Courel. Dende o alta da serra os camiñantes terán unha panorámica impresionante que, si a climatoloxía é favorable permitirá ver a cidade de Lugo. Tralo paso voltarase a Paderme onde se contemplará a Devesa Grande cos impresionantes acantilados da Escrita e regresarase polo camiño do Valmaior.
Esta ruta é de dificultade media e pasará por camiños tradicionais e pistas forestais. En total será de 17 km con 1100 metros de desnivel positivo acumulado. Por diferentes puntos da ruta haberá auga, barro ou xeo aínda que o tempo que se espera é soleado con moito frío.

Será opbrigatoio para realizar a ruta en óptimas condicións levar calzado impermeable e roupa de montaña para tempo frío e con vento. Mochila con auga suficiente e comida. Luvas e crema de sol. Para mellorar a experiencia recoméndase o uso de bastóns e gafas de sol.

O punto de encontro será o Miradoiro de Paderne ás 9.30 horas.

A inscrición terá un custe de 15 euros por persoa e realizarase a través do correo info@coureleando.com ou a través de Whatsapp ao número de teléfono 626 643 021. Os menores de 8 a 15 anos con pais terán inscrición gratuíta.