Skip to main content
Sarria

Sarria retomará a celebración das Xornadas Xurídicas 2022 na súa data habitual

Por 6 Xaneiro, 2022Xaneiro 7th, 2022Sin comentarios

As xornadas xurídicas Román García Varela son un encontro entre xuristas que se celebran cada ano na vila sarriá. Esta viuse truncada no 2020 pola Covid obrigando así, a súa cancelación mentres, que no pasado ano, o 2021 a data de celebración foi aprazada ata outubro. Nesta última edición, o tema principal foi a igualdade de xénero no ámbito xurídico.

Neste senso, a celebración deste encontro, que cumpre a súa XV edición, terá lugar os días 3 e 4 de xuño e conta con 25 prazas para integrantes de calquera orden xurisdicional.

O tema principal desta nova edición será a intelixencia artificial e o dereito, un eido que está á orde do día e cada vez afecta máis tanto no ámbito privado como no público.

A dispoñibilidade de datos, o crecemento da capacidade informática e todos os avances do sector fixeron da intelixencia artificial unha tecnoloxía moi valiosa. Coa situación sanitaria dos últimos tempos, implantouse e normalizouse aínda máis, impulsando o seu desenvolvemento e o uso en case tódolos fogares, intercambiando datos, xerando novas rutinas profesionais e de formación baseadas nas novas tecnoloxías. Isto supón un risco para os dereitos fundamentais das persoas debido ao descoñecemento.

Neste encontro, o obxectivo principal é o de estudar a problemática e as conveniencias que supón a utilización das tecnoloxías, examinando os marcos legais e éticos.

ROMÁN GARCÍA VARELA
Román García Varela, maxistrado emérito da Sala Primeira do Tribunal Supremo, foi o creador destas xornadas xurídicas no ano 2007, tras o seu falecemento foron o seu fillo e o catedrático Carlos Lema Devesa os que continuaron coa organización e celebración das mesmas, contando coa colaboración do Concello de Sarria.