Skip to main content
Cospeito

Renuncia o concelleiro do PP de Cospeito Daniel Paz

Por 25 Xaneiro, 2022Xaneiro 26th, 2022Sin comentarios

O Pleno de Cospeito deste xoves recolle na súa orde do día a comunicación da renuncia do concelleiro do equipo de Goberno Daniel Paz, que deixa a súa acta de responsable das áreas de deportes, feiras, mercados, festas e participación cidadá.

Esta renuncia fíxose pública no día de onte pero non será efectiva ata o día 31 deste mes.

Sobre as razóns da dimisión refírense ao ámbito persoal e rematan cun tempo de dedicación ao Concello que deu comezo hai 15 anos.

No pleno nomearase a un novo concelleiro, neste caso será a seguinte na lista, María Elena Veiga Castro, de Pino, que quedou fóra nas últimas eleccións por unha ducia de votos.

Daniel Paz, na presentación dunha das últimas edicións da Feira do Cocho de Ceba