Skip to main content
Begonte

Comeza a funcionar en Begonte un punto limpo móbil

Por 4 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Begonte en agosto deste ano fixo unha solicitude ao abeiro da Orde do 1 de xullo de 2021 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio de Vivenda, pola que se establecían as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-20211.

Recibida a notificación de concesión en setembro de 2021, adquiriu varios equipamentos (remolque con gancho multilift, módulo punto limpo móbil e caixa porta depósito de limpeza a presión) para a mellora e ampliación dos servizos prestados pola Rede Galega de Puntos Limpos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia para a Implantación neste concello dunha infraestrutura móbil que se desprazará polas diferentes parroquias, permanecendo estacionado un tempo determinado en cada unha delas.

As datas e localizacións do punto limpo móbil, publicaranse previamente para dar a coñecer con anterioridade a información necesaria e facilitar así o seu uso por parte dos veciños.

Os tipos de residuos que se poderán depositar no punto limpo móbil adquirido polo concello serán lámpadas e fluorescentes, teléfonos móbiles, xoguetes, roupa, calzado, pilas e baterías, pequenos aparellos eléctricos, envases de pintura, disolventes e vernices, e tóner e cartuchos de impresora.