Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Unha camiñada reivindicará este domingo melloras sanitarias no Concello de Castro de Rei

Por 27 Xaneiro, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O BNG de Castro de Rei organiza unha nova acción de protestas a favor da sanidade pública e para reclamar á Xunta melloras na atención sanitaria nos dous centros médicos que hai no municipio. Tras varias concentracións nos meses anteriores e unha recollida de firmas que contou con numerosos apoios, nesta ocasión realizarán unha camiñada.

Esta terá lugar este domingo 30 de xaneiro, co obxectivo de percorrer o trazado que hai entre o centro de saúde de Castro de Ribeiras de Lea e o de Castro de Rei, cunha distancia de case doce quilómetros.

A saída será ás 10.00 horas de Castro, para chegar ao redor das 11.00 horas á capitalidade municipal, onde a continuación, e para finalizar o acto, celebrarase unha concentración diante do centro médico, para reclamar a súa reapertura, así como a dotación de máis persoal ao centro de saúde de Castro de Ribeiras de Lea.