Skip to main content
Meira

Meira contará cun orzamento de algo máis de dous millóns de euros

Por 6 Xaneiro, 2022Xaneiro 7th, 2022Sin comentarios

Meira contará este ano cun orzamento de 2.050.000 euros, o que supón, como informou o Concello, un incremento do 16% con respecto ao ano anterior.

As contas, que foron aprobadas cos votos a favor de PSOE e Galicia Sempre e tiveron a abstención do BNG e do PP, buscan “a recuperación trala pandemia”.

Unha das partidasa máis cuantiosas recae nos gastos sociais, que se levan o 21,34% do orzamento, un total de 480.260 euros. Os gastos máis importantes van para a residencia de maiores, que vén de abrir as súas portas, e para o SAF, co obxectivo posto no incremento de prazas.

Outra das grandes partidas é o gasto de persoal, que ascende a 712.616 euros, seguido dos investimentos, que se levan 345.314 euros aos que se suman os investimentos doutras administracións, o que fará subir a contía algo máis dos 850.000 euros.

Dentro do capítulo de investimentos destacan as actuacións na Campa do Plantío, a zona de autocaravanas e o parque Profesor Río Barja, a cuberta da pista de pádel e continuar coas melloras da rede de sanemento e de abastecemento de auga no rural.