Skip to main content
CospeitoMeira

Xotramu participa en Meira na reunión do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego

Por 9 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A vila de Meira acolleu unha reunión do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego, que formouse co obxectivo de recuperar os xogos tradicionais en Galicia e entre os que se atopa Xotramu de Muimenta.

Na reunión dos responsables das diferentes asociacións galegas deseñaron un proxecto que propoñer á Xunta de Galicia que se promocionen os xogos tradicionais nos distintos camiños da Ruta Xacobea durante este ano 2022.

Representantes das diferentes entidades integrantes buscan financiamento para desenvolver esta iniciativa, que inclúe a celebración de 30 xornadas de xogos nos diferentes municipios dos Camiño, entre os que se atopa tamén Vilalba.