Skip to main content
Comarca TERRACHÁXAVilalba

Búscase persoal para dúas prazas no servizo de Atención Temperá de Vilalba

Por 12 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O servizo de Atención Temperá de Vilalba, que atende tamén a pequenos dos concellos limítrofes de Guitiriz e Xermade, abriu un proceso de selección de persoal.

Dunha banda, ofértase unha vacante de logopeda no servizo de atención temperá de Vilalba, para atender a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento.

Doutra, tamén se convoca unha vacante de terapeuta ocupacional en dito servizo para cubrir as mesmas funcións.

En ambos casos, as responsabilidades serían dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presenten os cativos nesta situación, facilitando a súa autonomía persoal e inclusión social.

Búscase para este posto unha persoa coa diplomatura ou o grao en Logopedia ou Terapia Ocupacional, segundo sexa para unha vacante ou a outra. En ambos casos, requírese especialidade en desenvolvemento infantil, atención temperá ou apoio familiar, ou acreditar experiencia suficiente no eido da atención sanitaria ou sociosanitaria.

As persoas interesadas poden enviar o seu currículo a empresas@coescoformacion.com.