Skip to main content
Vilalba

Santaballa programa clases de pilates a partir de febreiro

Por 28 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A asociación de mulleres de Santaballa continúa coa actividade que se reiniciou este outono e oferta novas clases, que realizarán cumprindo as normas sanitarias.

O novo curso que se impartirá será de pilates. Haberá unha primeira clase gratuíta para probar e o obxectivo será empezar o día 2 de febreiro para celebrarse todos os mércores de 19.00 a 20.00 horas.

As persoas interesadas en incribirse poden facelo no teléfono da asociación (647 441 099) ou no da presidenta (676 351 299).