Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

O PSOE instará a Xunta a cubrir as prazas de persoal do servizo de Paliativos na Mariña

Por 2 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa deputada e do seu deputado, Patricia Otero Rodríguez e Julio Torrado Quintela, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate na Comisión 5a.

O servizo de HADO ofrece unha alternativa asistencial á hospitalización convencional, para atender entre outros a doentes oncolóxicos, infecciosos, con cirurxías complexas, crónicos ou en estado terminal. O obxectivo é que eses
doentes reciban nas súas casas o conxunto de atencións e coidados médicos e de enfermería de complexidade hospitalaria.

“O servizo de Paliativos/Hospitalización a Domicilio do hospital da Mariña creouse no seu momento xa dun xeito deficitario con 3 facultativos médicos, que prestaban atención de luns a venres pola mañás, e 5 profesionais de enfermería en quendas de mañá e tarde todos os días da semana”, di Otero.

“Dende hai máis de 6 meses só hai dous médicos no servizo e incluso algúns días chegou a haber só un. Ademais os permisos e as baixas do persoal de enfermería non se están a cubrir, recaendo esas quendas de ausencias nos outros compañeiros do servizo”, engadiu Torrado .

Ante esta situación o Sergas adoptou a solución de que “desaparecese na maior parte dos concellos da Mariña de Lugo a atención presencial que ata hai algo máis de 6 meses se viña a dar dende o servizo de paliativos/HADO dependente do Hospital da Mariña. O Sergas eliminou o servizo presencial en 10 dos 14 concellos da Mariña, quedando, polo tanto, máis do 60 % da súa poboación sen servizo presencial. Agora os doentes destes 10 concellos da Mariña que non teñen servizo presencial de HADO, entre os que se atopan enfermos crónicos ou terminais, o Sergas derívaos aos servizos de Atención Primaria, que como estamos a ver, e levan moito tempo denunciando os seus profesionais, están excedidos e saturados”, din os deputados.

Por iso, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presenta unha proposición non de lei para instar a Xunta de Galicia, a que de xeito urxente, cubra as prazas do servizo de Paliativos/HADO do Hospital da Mariña ata chegar á dotación inicial todos os días da semana, para poder retomar a atención presencial na totalidade dos concellos do distrito sanitario da Mariña.