Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

A duodécima tirada de bolos de Xove contou cunha excelente participación

Por 2 Febreiro, 2022Sin comentarios

A duodécima tirada de bolos de Xove xogouse nunha tarde agradable e nun campo en boas condicións e sobre todo cunha excelente participación de 29 inscritos.

Na liga sénior masculina houbo victoria de Jordi Meitín o que lle permite acortar a só 9 puntos a distancia con Rafael González. O máis prexudicado na xornada foi Francisco Pérez, que sigue con problemas físicos e só puido sumar un punto nesta tirada, o que lle supuxo a perda da segunda posición a favor de Daniel  Alonso. Polo tanto, neste momento Miguel López con 96 puntos e Daniel Alonso con 91, copan a clasificación desta liga, co que supón de relevo xeracional.

Non esquecemos que hai uns poucos anos Miguel e Daniel pelexaban polo dominio da liga Sub 16, e xa naqueles momentos apuntábamos que estes dous xogadores ían chegar ao máis alto. Neste sentido, que decir de Miguel López que está pelexando polo seu 3º título nesta categoría; no caso de Daniel Alonso, é evidente que este ano deu un salto de calidade e está xogando con moita madurez e moita cabeza.

No tocante a liga sénior feminina Julia fíxose coa vitoria, a 8º desta temporada, coa que se pon ás portas de renovar o seu título de campiona da liga Sub 16.

Por detrais, Belén Meitín con 38 puntos e Carmen Roca con 31 puntos, que siguen coa súa pugna particular, cunha diferenza de 7 puntos, que a falla de 5 tiradas antóxasenos curta,  polo cal aínda poden pasar moitas cousas entre elas. Un pouco máis lonxe, con 25 puntos, está Conchita Piñeiro, que terá que esforzarse para estar coas anteriores pelexando pola 2ª e 3ª posición.

Pola contra a liga Sub 16 e a que está máis igualada, e Christian Rodríguez coa súa victoria e tamén mellor bolada, recorta diferenzas con Xenxo Salgueiro, sendo un punto o que os separa. Esto supón unha emoción máxima para as 5 tiradas que quedan.

Por detrais os irmáns Cancelos, Jordi e Naia siguen tamén coa súa peculiar competición, favorable polo momento a Jordi que lle saca 3 puntos a Naia na xeral.

A próxima tirada vai celebrarse no centro social de O Cruceiro o vindeiro sábado 5 de febreiro de 2022.

Así, foron os resultados:

Sénior

Campión: Jordi Meitín Serantes

Subcampión: Miguel López Formoso

Terceiro: AlexMeitín Serantes

Sénior maiores de 60

Campión: José González Rodríguez

Subcampión: Arturo Rodríguez Álvarez

Terceiro: José López Riveira

Sub16

Campión: Christian Cociña González

Subcampión: Xenxo Salgueiro Franco

Terceiro: Jordi Cancelos López

Feminina

Campiona: Julia López Formoso

Subcampiona: Belén Meitín Rouco

Terceira: Carmen Roca Corral