Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

Julia López proclámase campiona da liga sénior de bolos na XIII tirada de Xove

Por 10 Febreiro, 2022Sin comentarios

O centro social O Cruceiro de Xove acolleu a decimoterceira tirada de bolos na que participaron 22 inscritos nunha tarde fria aínda que cun campo en boas condicións.

Na liga Sénior Masculina foi a quinta victoria nas seis últimas tiradas do líder e actual campión Miguel López que lle permite liderar cunha renda de 9 puntos sobre Daniel Alonso, segundo e único que nestes intres lle está aguantando o tirón. Por detrás, terceiro, Fra Pérez, quen durante semanas foi un líder sólido e agora está pagando as consecuencias  do seu estado físico, xa que sigue xogando mermado.

Por detrás están Rafael González e Jordi Meitín que aínda teñen boas opcións de ascender a postos de cabeza a pouco que melloren o seu xogo.

No tocante a liga Sénior Feminina o segundo posto foi para Julia López que con esta victoria puido proclamarse matemáticamente campiona da XIII Liga, sendo ademáis o seu 4º título consecutivo.

Por detrás, Belén Meitín coa súa victoria e tamén mellor bolada pon terra de por medio e afianza o subcampeonato con 45 puntos, 12 máis que a súa rival Carmen Roca. Seguidas de Concepción Piñeiro e Salomé Bermudez aínda con posiblidades de alcanzar a Carmen, pero para iso terán que xogar moi ben e Carmen fallar moito. En definitiva, a clasificación vaise clarexando cara os resultados finais.

No relativo aos cativos, os de Sub16, houbo victoria e mellor bolada de Xenxo Salgueiro o que lle permite manter unha renda mínima de 4 puntos sobre Christian, manténdose as espadas en alto nesta categoría sobre quen vai acadar o título este ano.

A próxima tirada vai celebrarse no Centro Social da Vara o vindeiro sábado 12 de febreiro de 2022.

Así, foron os resultados:

Sénior

Campión: Miguel López Formoso

Subcampión: Jordi Meitín Serantes

Terceiro: Daniel Alonso López

Sénior maiores de 60

Campión: José González Rodríguez

Subcampión: Arturo Rodríguez Álvarez

Sub16

Campión: Xenxo Salgueiro Franco

Subcampión: Christian Cociña González

Feminina

Campiona: Belén Meitín Rouco

Subcampiona: Julia López Formoso

Terceira: Salomé Bermúdez Ben