Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

O centro social da Vara acolleu a XIV tirada de bolos de Xove

Por 16 Febreiro, 2022Sin comentarios

O centro social da Vara acolleu na tarde do sábado 12 de febreiro a XIV tirada de bolos de Xove no que xogaron 26 participantes nunha tarde agradable e cun campo en boas condicións.

Na liga Sénior Masculina, Miguel López puxo a directa e vai como unha frecha directa á victoria, a conseguir o seu 3º entorchado consecutivo. Nestes momento, só Daniel Aqlonso, que afianza o segundo posto, lle está a facer algo de frente. Con 6 victorias nas 7 últimas tiradas, o resto de xogadores o ten moi difícil, por non decir imposible para seguirlle o ritmo.

A falta das tiradas de Sumoas, Morás e Vilachá, Miguel López é o claro favorito. Por detrás Daniel López a 13 puntos de Miguel, pero que, se Miguel sigue xogando así lle vai ser moi difícil recuperar a Daniel. Pola súa banda, Francisco Pérez, líder durante moitas xornadas, ocupa a 3º posición na táboa, pero que non se despiste, que Rafael González e Jordi Meitín veñen con forza por detrás.

No tocante á Sénior Feminina, Belén Meitín, ten prácticamente asegurado o subcampeonato xa que os 15 puntos que lle leva a Carmen Roca son demasiados para ser recuperados nas tres tiradas que restan. Pola súa parte, Carmen ten bastante consdolidada a súa 3º posición con 34 puntos, con 9 e 10 puntos de ventaxa sobre Concepción Piñeiro e Salomé Bermúdez respectivamente.

Nos pequenos da Sub 16 houbo unha nova victoria e mellor bolada de Xenxo Salgueiro que lle permite aumentar a súa renda sobre Christian a 7 puntos, difernza que xa empeza a ser peligrosa para Christian porque cada vez queda menos terreo para recuperar.

Pola súa banda, Naia Cancelos recortoulle un punto ao seu irmán Jordi, co cal son só 2 puntos o que os separa.

A próxima tirada vai celebrarse no Centro Social de Sumoas o vindeiro sábado 19 de febreiro de 2022.

Así, foron os resultados:

Sénior

Campión: Miguel López Formoso

Subcampión: Cristian Rodríguez Baño

Terceiro: Daniel Alonso López

Sénior maiores de 60

Campión: José González Rodríguez

Subcampión: Arturo Rodríguez Álvarez

Terceiro: José López Riveira

Sub16

Campión: Xenxo Salgueiro Franco

Subcampión: Christian Cociña González

Terceiro: Naia Cancelos López

Feminina

Campiona: Julia López Formoso

Subcampiona: Belén Meitín Rouco

Terceira: Salomé Bermúdez Ben