Skip to main content
Axenda Caducada

A AC O Castelo de Alfoz prepara para o 28 a festa de Entroido

Por 23 Febreiro, 2022Febreiro 28th, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo en colaboración co Concello de Alfoz organizará a festa de Entroido 2022 na xornada do luns 28 de febreiro.

A celebración será no pavillón municipal e contará cun concurso de disfraces dotado con 1.500 euros en premios no que poderán participar nenos, adultos, charangas e haberá tamén dous premios especiais para comparsas.

Os actos comezarán ás 19.30 horas coa apertura de inscricións e xa ás 21.00 horas comezará o desfile no que se repartirán os premios na categoría infantil.

Para participar será necesario ter o certificado de vacinación ao ser en lugar pechado e haberá aforo limitado.