Skip to main content
Barreiros

O Concello de Barreiros acolle un taller de planificación e organización

Por 7 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Barreiros acollerá do 15 ao 17 de febreiro un taller de planificación e organización para persoas con discapacidade en situación de desemprego.

Este obradoiro está a cargo de Inserta-Fundación  ONCE e será na Aula Cemit en horario de 9.00 a 14.00.

Para asistir será necesario reservar praza xa que é unha formación gratuíta e con bolsa de 10 euros por día de asistencia.

Para máis información haberá que chamar ao teléfono 663 061 723.