Skip to main content
Cervo

A cervense Katy García participará na feira de arte contemporáneo Artist 360º

Por 21 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo apoia á fotógrafa local Katy García mediante á promoción da súa exposición “Monocromo del mar, el cielo y otros detalles” na feira de arte contemporáneo Artist 360º en Madrid.

No día de hoxe o alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, mantiveron un encontro coa artista local para desexarlle sorte de cara á feira, que terá lugar dende o mércores 23 ata o domingo 27 de febreiro na capital.

Katy, natal de San Ciprián, presentará en Madrid un total de 12 obras, tomadas na súa totalidade nalgún punto do municipio. Segundo a artista estas fotografías son “un reflexo plástico da súa personalidade e a súa filosofía de vida”.

A Artist 360º é un evento de arte multidisciplinar contemporáneo, que atrae en cada edición a máis de 14.000 visitantes e na que participan máis de 200 artistas de diferentes países de todo o mundo.

O alcalde, Alfonso Villares, desexoulle moita sorte a Katy durante o evento e declara que “este é un exemplo máis da aposta decidida do Concello de Cervo polos artistas locais, ofrecéndolles a posibilidade de promocionar a súa actividade e apoiando os seus proxectos”.

Para a concelleira de cultura, Dolores García Caramés, “a cultura é un eixo moi importante da política do noso goberno, mantendo activas diferentes salas de exposicións e programando actividades de multitude de disciplinas os 365 días do ano”.