Skip to main content
Foz

Nova edición das xornadas dos doces afrodisíacos de Foz

Por 4 Febreiro, 2022Sin comentarios

Nova edición das xornadas dos doces afrodisíacos de Foz que se celebrará do venres 11 ao luns 14 deste mes.

Estas xornadas servirán para celebrar San Valentín e serán elaborados por tres pastelerías da vila e terán un prezo de 2 euros e entre os clientes que os compren sortearanse 10 vales de compra de 50 euros cada un. O sorteo será en RadioFoz o día 16 de febreiro, mércores.

O presidente de AciaAFozCCA, José Carlos Paleo, anima a participar “nestas xornadas gastronómicas tan doces”, a facer as compras para agasallar no Día dos Namorados nos establecementos comerciais focenses, que “ofrecen numerosas propostas para todos os gustos e a celebrar o Día de San Valentín na nosa hostalería”.

As xornadas dos doces afrodisíacos foron presentadas polos representantes das tres pastelerías presentes nesta cita desde o seu inicio: Fernando López, de Xoyma; Ángeles Casas, de Amarena; e Moncho Castro, de Anduriña. 

ACIAFOZCCA

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, foi constituída no ano 1988 cunha clara finalidade: impulsar a actividade empresarial, especialmente a adicada ó pequeno comercio, que se desenvolve na comarca de A Mariña.

O obxectivo primordial deste Centro Comercial Aberto é converter esta comarca nun punto de referencia para os potenciais compradores, autónomos ou alleos, de xeito que a actividade empresarial e comercial ubicada na zona, se converta nunha forza plenamente competitiva no complicado mercado actual. A Asociación está presidida por José Carlos Paleo López dende o ano 2010.

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos Centro Comercial Aberto de Foz pertenece á Federación Galega de Comercio e á Federación de Comercio da Mariña obtendo así todas as ventaxes en convenios con banca, transporte, asesoramento, tarxetas comerciais, páxinas web e outras ventaxes con distintos colectivos.

Realizan campañas promocionais para comercio e hostelería, e dispoñemos dunha tarxeta de fidelización: “O comercio fai pobo. Compra na túa vila”.