Skip to main content
Ribadeo

Elena Sierra condena que o goberno local “pase totalmente das iniciativas de reciclaxe”

Por 23 Febreiro, 2022Sin comentarios

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, condena que “o goberno do BNG de Ribadeo pase totalmente das iniciativas de reciclaxe”. Así o manifesta por non participar na campaña ‘Únete ao reto’ da Xunta de Galicia co obxectivo de incrementar un 10% a recollida de residuos do contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks) en distintos concellos galegos.

Sierra explica que “a Xunta de Galicia lanzou unha campaña de reciclaxe co fin de facer un bo proceso selectivo do contedor amarelo, o que conlevaría á mellora do medio ambiente e da economía circular; sorprendentemente, o goberno do BNG pasa totalmente destas iniciativas”.

A popular engade que “outros concellos da comarca, como Burela, participan nesta campaña e obteñen beneficios para os seus cidadáns na recollida de lixo. A maiores, o que mellor recicle, obterá un premio en metálico para unha asociación sen ánimo de lucro, é dicir, para unha asociación que traballe para fins sociais”.

Sierra acusa ao goberno local ribadense de abandonar as súas competencias en relación ao medio ambiente: “outros concellos da comarca, como Burela, participan nesta campaña e obteñen beneficios para os seus cidadáns na recollida de lixo. A maiores, o que mellor recicle, obterá un premio en metálico para unha asociación sen ánimo de lucro, é dicir, para unha asociación que traballe para fins sociais”.

A vicevoceira popular considera que “xa é hora de que o señor Suárez sexa un bo xestor para Ribadeo e non desprece, como é o seu costume, a colaboración da Xunta de Galicia”.

O Grupo Municipal Popular insta, polo tanto, ao goberno local a unirse a esta campaña co obxectivo de incrementar a reciclaxe de envases de plástico, latas e briks en Ribadeo.