Skip to main content
Ribadeo

Comezan as obras do carril bici que unirá a praia dos Bloques coa zona do faro ribadense

Por 24 Febreiro, 2022Sin comentarios

Estes días dan comezo as obras de construción do carril bici que unirá a praia dos Bloques coa zona do faro. Este proxecto, que ascende a uns 320.000 euros e que está financiado pola Deputación de Lugo e polo Concello de Ribadeo, despois do proceso licitación a obra foi adxudicada á empresa Asfalgal Técnicas Viarias.

Consiste na adaptación como vía ciclista dun traxecto de 4 quilómetros entre a praia dos Bloques e a zona do Faro, bordeando toda a costa e discorrendo por lugares emblemáticos como O Cargadeiro ou o forte de San Damián. Para iso vaise habilitar un carril bici bidireccional de 2 metros e medio de ancho a partir do forte de San Damián mentres que no resto do traxecto vaise optar por harmonizar o paso de vehículos e de bicicletas nunha vía de sección única de prioridade ciclista. E tamén o traxecto vai ser transitable a pé, por suposto, polas beirarrúas e polos pasos peonís. Para completar esta ruta circular vaise incluír tamén o aglomerado asfáltico do treito comprendido entre a praia de Rochas Brancas e o encontro coa estrada provincial, en Vilaselán.

Esta actuación vai mellorar as condicións de uso e de seguridade dun espazo que xa viña sendo empregado pola veciñanza, en especial pola xente moza, para o paseo a pé e outras actividades físicas.