Skip to main content
Axenda Caducada

Días de celebración no convento da Merced en Sarria

Por 3 Febreiro, 2022Febreiro 5th, 2022Sin comentarios

O Convento da Merced en Sarria está a vivir uns días intensos de celebración.

Hoxe, xoves 3 de febreiro é San Blas, un santoral católico que adicou a súa vida a ser médico e bispo. Segundo a tradición, era coñecido polo seu don de curación milagrosa co que salvou a un neno de morrer atragoado ao cravárselle unha espiña de pescado na garganta.

Durante esta tarde, ás 18.30 terá lugar a festa de San Blas no convento da Merced en Sarria. Os veciños acoden a esta eucaristía en busca de protección ante as dores de garganta. Despois da misa, procederase ao reparto de pan de San Blas.

Por outra banda, Antonio Abad é o patrón dos animais, polo que en xaneiro é habitual levar ás mascotas á misa que se celebra na súa honra co fin de bendicir aos animais. Debido á situación sanitaria do mes pasado, decidiuse que a celebración do San Antón no convento da Merced se pospuxera ata este sábado 5 de novembro. A eucaristía dará comezo ás 18.30 horas.

Outra das celebracións que se levaron a cabo, foi a Candelaria, unha misa na que se presentan ante a Virxe os nenos bautizados recentemente.

O Convento da Merced, tamén coñecido como Mosteiro da Magdalena é un edificio que se fundou no século XIII por uns ermitáns italianos que estaban a realizar a peregrinación Santiago de Compostela. Desde entón, o convento, localizouse a tan só 200 metros do propio Camiño co fin de atender aos peregrinos que pasaran pola zona.