Skip to main content
Axenda Caducada

Os xoguetes da mostra ‘Así Xogabamos’ chegan ao MIHL o sábado 5 de febreiro

Por 3 Febreiro, 2022Maio 28th, 2022Sin comentarios

A partir do vindeiro sábado poderase visitar a exposición Así Xogabamos, organizada pola área de Cultura do Concello en colaboración coa asociación Tebuki Toy. Esta mostra localízase no MIHL.

Esta exposición é un percorrido por unha parte da historia máis recente, na que toda a familia poderá compartir lembranzas da infancia e ver como mudan os tempos a través dos xoguetes que se desfrutaban en cada xeración.

A exposición Así xogabamos abrirá as súas portas o vindeiro sábado, 5 de febreiro, a partir das 11.00 horas. A fin de semana do 5 e 6 de febreiro, as e os integrantes de Tebuki Toy organizarán distintos obradoiros no MIHL, para nenas e nenos de 4 a 7 e de 8 a 12 anos. Os obradoiros terán lugar o sábado 5 de 11.00 a 12.00 e de 12.30 a 13.30, e o domingo 6 de 11.00 a 12.00 horas.

Esta exposición pretende crear un punto de encontro entre distintas xeracións, un espazo no que lembrar e aprender.

A exposición poderá visitarse entre o 5 de febreiro e o 28 de maio, nos horarios de apertura do MIHL, de martes a venres de 10.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.30, sábados, domingos e festivos de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30, e durante a semana santa de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30. O día internacional dos museos, 18 de maio, o MIHL abrirá en horario ininterrumpido dende as 10.00 ata as 20.00 horas.