Skip to main content
Axenda Caducada

Guitiriz Termal organiza unha segunda carreira virtual solidaria

Por 8 Febreiro, 2022Abril 2nd, 2022Sin comentarios

O Concello de Guitiriz anunciou a celebración o próximo 2 de abril dunha nova edición da Carreira Popular Guitiriz Termal, que volverá ser presencial tralo paso da covid.

Aínda que non se deron a coñecer aínda os detalles, a carreira, que celebrará a edición número XII contará tamén cunha andaina, que se organizará de forma paralela na primeira edición. De feito a andain fíxose o ano pasado de forma virtual con grande éxito polo que decidiron incluír esta modalidade na cita deste ano.

Esta carreira ten fins solidarios polo que a recadación dos dorsais será para asociación Somos Unidos polo Cáncer establecéndose tamén unha fila 0 para donativos.

A carreira terá lugar no Campo da Feira de Guitiriz a partir das 17.00 horas en diferentes categorías segundo a idade. A última será a absoluta, que comezará ás 17.30 horas. A andaina, tamén repartida en dúas categorías, comezará ás 16.30 horas.

O Concello avanzou esta nova e indicou que en próximas datas daranse a coñecer o resto de detalles e abrirá o período de inscrición.