Skip to main content
Axenda Caducada

O Valadouro celebrará unha sesión informativa sobre a central hidroeléctrica

Por 18 Febreiro, 2022Febreiro 22nd, 2022Sin comentarios

O vindeiro martes 22 de febreiro ás 20.00 horas no salón de actos da casa da cultura do Valadouro, celébrase unha sesión informativa dirixida a todos os veciños residentes no municipio.

Onde se expoñerá toda a información que o Concello ten á súa disposición do Documento Inicial da Central Hidroeléctrica Reversible Xistral.

CENTRAL

O Concello do Valadouro e en menor medida o de Alfoz poderían contar coa central hidroelétrica reversible Xistral así o comunicaron varios veciños nas redes sociais do municipio.

Esta central construiríase por unha empresa zaragozana en terreos do Concello do Valadouro e que afecta en menor medida a Alfoz e Ourol e a Xove e Cervo coa construción das liñas de evacuación da alta tensión.

Ademais esta central sería a maior de toda Galicia en xeración de enerxía xa que xerará 935 megavatios fronte aos 313 da de Ponte Bibei e 570 da que se está planificando nas Pontes.

Segundo o proxecto, que aínda non se coñece totalmente e sempre despois da súa aprobación, as obras prolongaríanse durante catro anos. O que se sabe de momento é que o ser reversible terá dous embalses de auga situados a diferentes alturas, o máis alto estará en Rego das Balsadas, en Vilacampa, afectando así a unha pequena parte de Ourol. E o máis baixo estaría situado xunto a Rego no Concello do Valadouro limitando co de Alfoz.

Así mesmo, será necesario construír unhas liñas de alta tensión para poder evacuar a enerxía producida e que probablemente iría ca Xove e Cervo.