Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan en Rábade un obradoiro sobre muller e saúde

Por 21 Febreiro, 2022Marzo 10th, 2022Sin comentarios

O Concello de Rábade organiza un obradoiro de Muller e Saúde enmarcado dentro da programación de actividades do 8 de Marzo: Día Internacional da Muller.

Este obradoiro está dirixido especialmente ás mulleres para abordar o seu benestar específico ofrecendo información que permita mellorar e manter a súa saúde. O obradoiro será impartido por persoal da Escola Galega de Saúde.

Este terá lugar no Centro Sociocultural de Rábade o 10 de marzo de 2022, de 16.30 a 20.00 horas.

Os obxectivos son mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino; polo tanto durante a formación tratase sobre menopausia e osteoporose, prevención xinecolóxica, factores de risco, fisiopatoloxía, alimentación e exercizo.

A formación estará ao cargo de Cristina Ouro Nuñez, m atrona do Complexo Hospitalario de Lugo.

Dirixido á poboación xeral, a inscrición é ata o 07 de marzo a través da web da escola galega de saúde https://escolasaude.sergas.es/ ( listado de cursos presenciais); no mail angeles.rabade@eidolocal.es, remitindo nome e apelidos, enderezo, teléfono e DNI, ou no teléfono: 982 390 062.