Skip to main content
Axenda Caducada

Coñece os establecementos que participarán na Feira do Cocido de Sarria

Por 21 Febreiro, 2022Febreiro 27th, 2022Sin comentarios

A Feira do Cocido que terá lugar os días 26 e 27 de febreiro permitirá que os establecementos de Sarria e Samos ofrezan pratos onde o porco celta será o ingrediente principal.

Despois de dous anos de parón, Sarria non quere perder a oportunidade de celebrar a XIV Festa do Cocido do Porco Celta polo que mantivo unha reunión cos hostaleiros da zona co fin de que ofrezan este produto nos menús durante a data de celebración. A feira habitual contaba cunha feira e unha posterior comida na vila, este ano, por mor da pandemia, búscase unha festividade máis segura para os veciños.

Os establecementos adheridos a esta festividade son o Hotel Alfonso IX, o Hotel Roma, e o Chanto de Sarria que ofrecerán cocido de porco celta. D’orixen de Sarria ofrecerá cocido de porco celta, tapas e racións de porco celta e a Cafetería Central tapas e racións de porco celta. Por outra banda, en Samos serán o Hotel A veiga, o Mesón A Pontenova e Albaroque os que ofrecerán cocido de porco celta mentres que a Cantina de Renche dará racións de porco celta.

Habitualmente, a festa tiña lugar dúas semanas antes do entroido, porén, nesta ocasión, decidiuse que a feira teña lugar o mesmo fin de semana que O Gran Camiño para poñer en valor este produto, nunha data na que haberá maior afluencia de xente na vila.