Skip to main content
Axenda Caducada

Alfonso Campos falará sobre lendas e patrimonio no Ateneo Casino

Por 22 Febreiro, 2022Febreiro 24th, 2022Sin comentarios

Este xoves 24 de febreiro, Alfonso Campos dará no Ateneo Casino de Monforte unha charla sobre a relación dos habitantes ribeiraos coa paisaxe a través das lendas.

No evento haberá ademais acompañamento musical a cargo de membros do grupo Os Parentes de Sober.

Campos contará historias da tradición oral que se vinculan con elementos como mámoas, petróglifos, castros, santuarios, regos, penedos, marcos de pedra… As lendas son recollidas de diferentes puntos da Ribeira Sacra e inclúen unha selección de Sober, a terra de Alfonso Campos.

A charla dará comezo ás 20.15. O acceso é libre, previa reserva no teléfono 648 435 033.

OS PARENTES DE SOBER
Trátase dun grupo xa consolidado na provincia sobre todo na contorna da Ribeira Sacra. O seu éxito está a ser tal que son reclamados dende outros lugares de Galicia. O seu estilo é moi característico xa que compoñen e versionan temas con carácter rural.