Skip to main content
Axenda Caducada

Escolares de Meira terán a súa festa de Entroido o luns

Por 25 Febreiro, 2022Febreiro 28th, 2022Sin comentarios

A anpa do CEIP Avelino Díaz de Meira organiza unha festa de Entroido para toda a rapazada e familiares que terá lugar o día 28, luns, a partir das 17.00 horas no pavillón municipal.

A organización ten prevista a realización de xogos para todos os nenos, que estarán agrupados por idades. Tamén está convocado un concurso de disfraces con premios nas categorías habituais, individual, parella e comparsas.

Seguirase o protocolo covid vixente para o acceso ao centro.