Skip to main content
Baralla

A ITV agrícola fará revisións en Baralla a finais deste mes e en marzo

Por 21 Febreiro, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

A unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas fará revisións a finais deste mes en Baralla.

Será os días 23, 24, 25, 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo, no mercado Gandeiro, en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás o venres 25, cando prestará servizo só en horario de mañá.

A ITV agrícola voltará a Baralla no mes de marzo, en concreto entre os días 3 e 10, ambos os dous incluídos. Do 3 ao 7 situarase no aparcamento Fonte da salud en Neira do Rei, e dos días 8 ao 10 prestará servizo en Sobrado, na explanada do bar As Pozas. Os días 4 e 10 prestará servizo tan só en horario de mañá.

As persoas interesadas en pasar a revisión aos seus vehículos agrícolas no municipio poden solicitar xa cita previa no teléfono 982 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.