Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo recibe queixas veciñais acerca do carril bici

Por 16 Febreiro, 2022Sin comentarios

O carril bici volve a ser un tema de conflito entre os lucenses. Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular están recibindo numerosas queixas por parte de veciños polas molestias que está a xerar o carril bici.

Entre os problemas detectados polos veciños e trasladados aos populares está o proxecto realizado na rúa Dona Urraca, unha zona na que, entre outros problemas, os populares destacan tres, o carril bici remata contra a fachada dunha casa, hai un punto perigoso debido á existencia dun tapón urbanístico no que vehículos a motor e bicicletas comparten a vía circulando en sentidos contrarios a pesar de ser unha zona na que so cabe un coche xusto, eliminaron todas as prazas de estacionamento.

Explica Antonio Ameijide que esta situación unicamente se explica polo “empecinamento de Lara Méndez por levar adiante a obra, ante a oposición dos veciños e dos grupos da corporación. É curioso que pese a que tanta xente lle está a dicir a Lara Méndez que lle dea unha volta ao proxecto, ela segue a pensar que ten razón e que o resto somos os que estamos equivocados”, lamentou.

Os populares tamén revisaron outros puntos nos que os veciños criticaron a obra do carril bici. Na rúa López Guntín, para facer o carril bici non so eliminaron prazas de aparcamento, senón que tamén optaron por facer máis pequena a beirarrúa.

O Partido Popular afirma que na rúa Germán Alonso tamén hai varios problemas. A pesar de nin terse inaugurada a obra, xa hai zonas nas que a pintura está borrada ou, directamente, desapareceu, “e non é a primeira vez que sucede”, xa que dende o PP denunciamos esta situación na Ronda do Carme. Pero a isto hai que engadir que, como se eliminaron prazas de aparcamento, hai ocasións nas que os veciños non teñen máis remedio que aparcar sobre o carril bici, “algo que como é lóxico non se pode facer”.

Pero o máis grave en Germán Alonso é que “na parte superior da rúa é preciso replantexar o proxecto, xa que os buses non xiran ou o fan con moitos problemas.

Antonio Ameijde explica que estes son claros exemplos “da chapuza que Lara Méndez está a facer co carril bici, unha obra que puido ser interesante para a cidade, pero sempre que se houbese realizado un proxecto estudado e non a calzador nun único barrio da cidade, eliminando centos de prazas de estacionamento e afundindo a todo un barrio da cidade”. E remata afirmando que “aínda estamos a tempo de facer un carril bici bo para Lugo, pero sempre con consenso e sen danar ao tráfico rodado”.