Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

A CHMS recurrirá a proposta polo vaciado do encoro de Belesar

Por 2 Febreiro, 2022Febreiro 3rd, 2022Sin comentarios

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) responde a información da Consellería de Medio Ambiente en relación ao descenso acusado do nivel do encoro de Belesar este verán; nesta información dáse por feito unha sanción firme, estando en período de alegacións o texto remitido como proposta con prazo 10 días hábiles para alegacións.

“A conselleira anuncia a sanción non só antes de que conclúa o prazo para formular alegacións pola CHMS, senón mesmo antes de que este Organismo de conca conte con toda a información que valeu á Administración Autonómica para soster a súa tese acusatoria, información da que priva á confederación, o que pode ser causa de indefensión” explicou o presidente.

“En relación ao texto/ argumento da proposta, hai que lembrar que a Xunta de Galicia era plenamente consciente do proceso de baixada do nivel das augas nos devanditos encoros, pois así llo comunicaron as propias concesionarias e, cando o descenso alcanzou cotas inferiores ao 20%, tamén a CHMS desde o Centro de Control de Cuenca, como xa se demostrou” matizou.

A CHMS actúa con escrupulosa observancia da normativa, Texto Refundido da Lei de Augas e normativa concordante e de desenvolvemento. Neste sentido, tal e como xa se expuxo, ao non estar suxeito a autorización ou concesión o descenso do nivel das augas dentro do rango de explotación ordinario, non é preciso tramitar expediente algún de concesión ou autorización e, por conseguinte, non é necesario a solicitude de informe algún á Administración Autonómica.

“Proba evidente de que nada podía facer a CHMS para evitar o descenso de nivel das augas no momento en que se produciron, é que fixo falta unha modificación lexislativa que se fixo en tempo, sen dilación, e que deu lugar á Real Decreto Lei 17/2021, do 14 de setembro, que entrou en vigor o 16 de setembro de 2021 e que modificou o artigo 55.2 da Lei de Augas, habilitando aos Organismos de conca para fixar un réxime mínimo e máximo de caudais medio mensuais, un réxime de volumes mínimos de reservas embalsadas para cada mes, así como unha reserva mensual mínima”, explicou o presidente.

“En definitiva, a CHMS, Organismo autónomo dependente do MITECO, actuou sempre e en todo momento con plena observancia da normativa vixente e consideramos que é moi grave que se utilice a auga como arma de demagoxia política” concluíu Quiroga