Skip to main content
Paradela

O Concello de Paradela selecciona tres peóns de obras públicas

Por 8 Febreiro, 2022Febreiro 9th, 2022Sin comentarios

O Concello de Paradela ten aberto o proceso de selección para a contratación de tres peóns de obras públicas como persoal laboral temporal ao abeiro do Programa Fomento do Emprego de conformidade co Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2021.. Os contratos serán de xornada completa e terán unha duración de seis meses rematando en todo caso o 31 de outubro de 2022

As bases desta convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Paradela e na súa páxina web oficial, ademais de no BOP do día 4 de febreiro. O sistema de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición.

Os peóns realizarán os traballos nunha época do ano na que existen maior acumulación de tarefas en relación ás obras ou servizos prioritarios ou que afectan ao funcionamento dos servizos públicos esenciais como as accións de conservación e mantemento de recursos naturais, accións de mantemento dos espazos públicos urbanos e conservación e mantemento de edificios, instalacións e vías municipais.

Para participar no proceso selectivo, os aspirantes deberán ter cumpridos os 16 anos e posuír o permiso de conducir tipo B e o CELGA 2. Ademais, deberán estar desempregados ou en situación de mellora de emprego con independencia de que a xornada laboral sexa parcial ou completa.

A fase de oposición consistirá na realización dunha proba teórica e unha práctica, ambas de carácter obrigatorio e serán eliminatorias para os aspirantes. A fase de concurso non terá carácter eliminatorio.

As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro luns 14. O sistema de selección será o concurso-oposición. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, a alcaldía ditará resolución no prazo de 1 mes.