Skip to main content
Paradela

A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza as actividades do entroido

Por 13 Febreiro, 2022Sin comentarios

A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela está a organizar as actividades que terán lugar no entroido. Comezarán a celebración unha cea baile o día 26 de febreiro ás 22.00 horas e, o 28 ofrecerán actividades e programación infantil aos nenos da vila.

O día 26 de febreiro, o mercado gandeiro acollerá aos veciños e socios cunha cea baile para celebrar o entroido. O menú terá como gran protagonista a carne de xabaril, unha comida típica na asociación xa que tódolos anos ofrecer esta carne que é cedida polas cuadrillas de cazadores da zona.

Ademais, a xornada estará amenizada por un dúo musical que está por determinar. Para poder acudir á cena terán que realizar inscrición previa por whatsapp nos números de teléfono 649 240 466 (Rocío) ou 669 849 518 (Mila). O custe da cea baile será de 15 euros as socias e 20 euros os non socios.

A festa infantil de entroido terá lugar o día 28 de febreiro a partir das 17.00 horas no mercado gandeiro. Esta ofrecerá unha merenda para nenos e os acompañantes ademais de actividades lúdicas e infantís.

ASOCIACIÓN
A Asociación de Mulleres de Paradela naceu en outubro do ano 2010 coa iniciativa de media ducia de mulleres do Concello que foron as primeiras en percatarse da necesidade real de interrelación entre a xente de diferentes lugares que forman as 18 parroquias do concello de Paradela, que debido ás interminables labores de labranza e a dispersión da poboación estaban moi minguadas.