Skip to main content
Paradela

O CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela ofrece unha xornada de portas abertas

Por 19 Febreiro, 2022Sin comentarios

O CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela ofrece unha xornada de portas abertas para que as familias poidan visitar as instalacións a través dunha visita guiada, coñecer aos docentes e ver o funcionamento do centro.

A xornada de portas abertas terá lugar do 21 ao 25 de febreiro sendo preciso solicitar cita previa chamando ao 982 870 631.

Este centro dispón de servizos fundamentais para a conciliación familiar como o comedor, transporte escolar e ademais, ten actividades extraescolares.

O coñecemento e a información sobre os centros escolares é fundamental á hora de elixir a cal irán os nenos e nenas para a súa futura educación e formación, por iso, dende as diferentes escolas da contorna están a ofrecer xornadas de portas abertas que facilitan ás familias obter as nocións necesarias para tomar unha decisión en canto ao futuro dos seus fillos fundamental.