Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

Pol e Meira piden entrar no xeodestino dos Ancares Terras de Burón

Por 12 Febreiro, 2022Sin comentarios

Os plenos dos concellos de Meira e de Pol aprobaron a incorporación ao xeodestino turístico Ancares Terras de Burón, xunto a Ribeira de Piquín e outros 9 municipios da montaña luguesa.

Tanto Pol como Meira formaban parte inicialmente do xeodestinoa Lugo-Terra Chá pero ao estar integrados no GDR3 Montes e Vales Orientais supoñía un problema á hora de implementar estratexias de promoción. Esta mesma entidade é tamén a xestora do xeodestino dende agosto de 2018  polo que pertencer a un GDR e a un xeodestino diferente estaba causando moitos problemas na xestión turística a ambos os dous concellos.

Separar o desenvolvemento turístico do Concello doutras dinámicas de desenvolvemento local da Montaña oriental, nas que participan, consideran que “non sería axeitado para acadar os obxectivos de desenvolvemento integral do territorio”.

Engaden tamén que os recursos turísticos a promocionar e as características físicas e socioeconómicas destes concellos “concordan co resto de concellos que forman parte do xeodestino Ancares Terras de Burón.

As peticións serán formuladas á autoridade competente en materia de Turismo.