Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Comezá este semestre en Friol a nova parcelación de San Xoán de Seoane de Pregación

Por 24 Febreiro, 2022Sin comentarios

A Consellería do Medio Rural iniciará os traballos na nova parcelaria de San Xoán de Seoane de Pregación, situada no concello de Friol, ao longo do primeiro semestre deste ano 2022. Así llo trasladou a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, ao alcalde deste municipio lugués, José Ángel Santos, na reunión que mantiveron esta mañá en Santiago. En dita xuntanza tamén estivo a xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Comarca de Lugo, Lorena López.

Esta parcelaria, decretada o pasado ano mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción. Así, actuarase na reestruturación de 402 hectáreas de superficie propiedade de 93 veciños. Neste senso, cabe sinalar que este proceso foi solicitado polo Goberno local, apoiado polos titulares das 12 explotacións da zona, de aí a necesidade de reorganizar o territorio para mellorar as condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias da contorna.   

Noutra orde de cousas, a directora xeral e o rexedor analizaron a viabilidade dun proxecto de permutas no concello. Así, Inés Santé sinalou que grazas á Lei de recuperación da terra agraria de Galicia poderíase desenvolver dita iniciativa, xa que as permutas de especial interese agrario están reguladas por esta norma e poden ser apoiadas desde a Administración autonómica por distintos medios.

Así mesmo, Santé trasladou que nalgunhas das zonas propostas se podería desenvolver a figura de polígonos agroforestais, que teñen como obxectivo prioritario poñer en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva e recuperar deste xeito unha actividade agraria.