Skip to main content
Guitiriz

Reactivouse este domingo o programa BTTeando por Guitiriz

Por 14 Febreiro, 2022Sin comentarios

Tras ter que facer un pequeno parón nos primeiros meses do ano por mor da situación sanitaria, o Concello de Guitiriz retomou este domingo, 13 de febreiro, o programa BTTeando por Guitiriz cunha saída á Cova da Serpe, na que, malia o mal tempo, participaron 40 persoas de todas as idades.

Tralo seu inicio no mes de novembro, continúa así a cuarta edición desta actividade, organizada polo Concello en colaboración co Club BTTeiros Cova de Serpe, e que consiste na realización dunha serie de rutas en bicicleta polos sitios máis característicos do municipio e incluso doutras vilas.

A próxima saída terá lugar o 13 de marzo e será a dos Muíños. As seguintes serán no Camiño Real (10 de abril) e, por último, a de Penas de Rodas en Outeiro de Rei (29 de maio). Sempre pode haber algún cambio nas datas debido ás inclemencias meteorolóxicas ou a outra causa xustificada, ante calquera dos casos avisarase coa maior antelación posible. En todas as rutas seguirase o protocolo covid19 vixente.

Como sempre, está aberta ao público en xeral pero os menores de 14 anos deben ir acompañados dunha persoa responsable adulta. Para participar hai que anotarse previamente no Concello ou a través do Club BTTeiros Cova da Serpe. É obrigatorio levar casco e aconsellan equiparse cunha peza de fruta e tamén auga.