Skip to main content
Guitiriz

Medio centenar de persoas sumáronse ao programa Guitiriz en Ruta

Por 22 Febreiro, 2022Sin comentarios

O programa municipal Guitiriz en ruta continuou a pasada fin de semana cunha andaina na que participaron 47 persoas, maiores e pequenos, polo río Requeixo.

O itinerario constou de 12 quilómetros con inicio en San Alberte pola Ruta da Auga ata o Pitero e despois xa polo río Requeixo, desde a ponte de Roca ata a parroquia do Buriz.

Guitiriz en ruta, que está a ser un éxito de participación, continuará o 20 de marzo cun percorrido fóra do municipio: nas Fragas do Eume. Esta actividade prolongarase durante toda a xornada polo que cada participante ten que levar o seu xantar e o Concello aportará un pequeno avituallamento.