Skip to main content
Vilalba

O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba celebra o Entroido a fin de semana

Por 22 Febreiro, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba recupera a actividade esta fin de semana coa celebración das festas de Entroido que darán comezo o venres, ás 22.00 horas co sorteo da tradicional cesta de produtos de Entroido para os socios e socias.

O sábado 26 terá lugar a festa infantil con música, xogos, globoflexia e merenda a partir das 17.30 horas. Será unha gran celebración para os pequenos, que contarán con monitores para o coidado e realización de actividades.

Pola noite será a quenda dos adultos, cunha celebraación con música na terra interior do centro cultural.

O aforo estará restrinxido ás medidas sanitarias actuais.