Skip to main content
Vilalba

Vilalba xa loce novo mural de Lula Goce

Por 28 Febreiro, 2022Sin comentarios

Vilalba estrea un novo mural, neste caso realizado na Travesía dos Castros pola prestixiosa artista Lula Goce, unha das mellores do mundo na especialidade de arte urbano.

A artista natural de Baiona ofrece unha representación cunha muller observando tras unha cortina e unha pelexa de galos, que segundo a creadora, á que o concello lle deu liberdade absoluta, representa o que ocorre no mundo actual e tamén é un guiño á Feira do Capón.

Lula Goce, ten murais en cidades como Nova Iorque, París, Miami, Berlín, Bruselas, Valencia e Barcelona, así como en diferentes concellos galegos.

Coas súas obras, transforma as fachadas dos edificios en obras de arte, cun estilo figurativo no que moitas veces representa a mulleres, nenos ou nenas en ambientes imaxinarios, integrando sempre os seus traballos co lugar nos que os realiza.

Nos últimos meses inauguraronse outros murais na rúa Carmiña Prieto Rouco, obra do artista urbano Pablo Lage Sanjurjo (Van-Kraf), e na rúa Cotarón, de Miguel Peralta (colectivo Cestola na Cachola).