Skip to main content
Burela

Convocada a II edición do Certame de Vídeoclips Musicais Musicarte de Burela

Por 7 Marzo, 2022Sin comentarios

Mañá terá lugar en Burela a presentación do 2º Certame de Vídeoclips Musicais Musicarte, que organiza a Concellería de Cultura. Neste acto, que dará comezo ás 13:00 horas, comparecerán o concelleiro de Cultura, José Díaz, e a presidenta do xurado, Estíbaliz Veiga.

O edil de Cultura, José Díaz, anunciou que “mañá presentaremos, no salón de plenos do Concello de Burela, a segunda edición de Musicarte. Empezamos con ela o ano pasado, ocorréusenos a idea pola pandemia que non permitía ás escolas de música actuacións en exteriores e así tiñan esa posibilidade de gravar un vídeoclip e participar nun concurso a nivel autonómico”.

Díaz adiantou que “este ano vai haber algúns cambios respecto a as bases do 2021 para buscar máis participación e máis repercusión social, non soamente en escolas de música, aínda que por suposto tamén. Pero todos eses detalles presentarémolos mañá, a partir de únaa do mediodía no Concello, coa presenza de quen será un ano máis a presidenta do xurado, a quen lle agradezo como sempre a súa implicación en todas as actividades, proxectos e propostas culturais do noso Concello desde fai xa uns cuantos anos, que é Estíbaliz Veiga”.

A presidenta do xurado, Estíbaliz Veiga, declarou que “Musicarte é unha iniciativa, que dende o meu punto de vista como pedagoga teatral que son, moi atractiva para todos os xoves que se queiran presentar, pero non só para eles, tamén para os adultos non profesionais porque este ano hai un novo apartado que tamén valorará este tipo de vídeoclips. Estou desexando que cheguen ás nosas mans estes produtos cheos de arte e música que, como comunicadora que son, creo que é a mellor forma de comunicar, de facer que teñamos ilusión, de soñar e de volver crer nun futuro mellor”.