Skip to main content
Ribadeo

A escola de Pedro Murias ribadense será un espazo para acoller refuxiados

Por 8 Marzo, 2022Marzo 9th, 2022Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal Popular, Daniel Vega, considera que “Ribadeo, como pobo aberto, debe acoller”. Por iso, “púxose o pasado venres a disposición o centro de Pedro Murias que está preparado con habitacións, cociña, calefacción…”. 

O popular defende que “debemos estar preparados ante as consecuencias do conflito bélico que se está a producir en Ucraína”. E, nese sentido, explica que “Galicia deu resposta e, en Ribadeo, dende o Grupo Municipal Popular, levamos traballando dende fai tempo, con moita discreción, sinceridade e dende o fondo do corazón porque non nos gusta que esta guerra teña consecuencias tan negativas para moitas persoas”. Nese mesmo sentido, “quero agradecer tamén a moitas outras persoas que, de forma anónima, están traballando, axudando e colaborando con moitas iniciativas para axudar ás persoas afectadas”.

Ante esta situación, Vega pide “responsabilidade” porque “non se debe utilizar a desgraza destas persoas para fins electorais e dígoo con toda a sinceridade: parécenos bastante lamentable que o goberno local, a través dunha nota de prensa, estea utilizando este asunto para esixirlle á Xunta non se sabe moi ben o que”. A este respecto, o popular aclara que “a Fegamp xa se puxo en contacto co Concello. E a través da Fegamp xa se está a desenvolver unha colaboración institucional coa Xunta e co Estado”.

O voceiro do Grupo Municipal Popular explica que “a Xunta ofreceu 714 prazas, tamén moitos Concellos ofreceron as súas instalacións e as súas achegas a través da Fegamp”.  

Vega indica que “o que lle esiximos ao goberno do BNG é que propoña centros da súa titularidade, que ofreza a súa colaboración, non simplemente cun texto nunha nota de prensa. Cando hai vocación de servizo, axúdase con discreción”. Por iso, “o goberno local debe comprometerse con dedicación, esforzo, traballo e responsabilidade”, conclúe.