Skip to main content
Viveiro

A asociación Saúde Mental A Mariña vai abrir en Viveiro un novo centro

Por 5 Marzo, 2022Marzo 6th, 2022Sin comentarios

A asociación Saúde Mental A Mariña vai abrir no Concello de Viveiro un novo centro destinado á rehabilitación psicosocial e laboral, no que se prevé ocupar de forma paulatina as vintes prazas asignadas. A súa directora técnica é, María José Novoa.

É un centro que acollerá a ususarios do occidente mariñán e de Ortegal así como do resto de Galicia. A principal idea é que sirva para liberar o centro situado en Burela e que actualmente conta con 25 prazas asignadas pero que atenden na actualidade a 32 persoas.

Por parte do concello xa se ten coñecemento e constancia do gran traballo desenvolto tanto na residencia de Cervo, na que hai veciños e veciñas de Viveiro, como no resto de centros existentes na Mariña lucense, polo que resulta moi importante que nun concello como Viveiro, o de maior poboación da comarca, poida contar con estas instalacións.

Dende o goberno municipal valórase moi positivamente a apertura deste novo centro, “ao que dende o Concello se lle vai brindar o apoio necesario e colaboración económica para o importante labor que leva a cabo”, sostén a alcaldesa.