Skip to main content
Axenda Caducada

Esta sábado haberá un recital do alumnos da Esmuvi

Por 4 Marzo, 2022Marzo 5th, 2022Sin comentarios

Este sábado 5 de marzo, ás 19:30 horas, terá lugar en Vilalba o primeiro Recital do alumnado deste curso 2021-2022 da Escola Municipal de Música (Esmuvi)

Por mor de cuestións de organización e axenda dalgúns profes, neste concerto non poderá contarse coas actuacións dos pianistas e dos máis peques, pero haberá frautistas, clarinetistas, saxofonistas, trompetistas, trombonistas, guitarristas e percusionistas.

As entradas son gratuítas e podedes collelas con antelación na Casa da Cultura de Vilalba ou na web entradasvilalba.es, e tamén na taquilla do Auditorio Municipal Carmen Estévez o propio día do recital.