Skip to main content
Axenda Caducada

Guitiriz celebra o mércores o Día da Poesía

Por 20 Marzo, 2022Marzo 23rd, 2022Sin comentarios

Co gallo do Día da Poesía 2022, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Guitiriz acollerá  a presentación do libro Pretérito imperfecto. Confesiones en pleno otoño, de Minerva Varela Saa, o día 23 de marzo as 19:30 horas na Casa Habanera.

Esta é segunda obra literaria da autora guitiricense, un libro baseado na natureza, nos fenómenos naturais, no amor entre animais, nas relacións que nel se establecen, como na vida mesma… ata que se conclúe co empoderamento da muller.

No acto, que estará amenizado pola Escola de música de Guitiriz, participarán a autora do libro, Minerva Varela Saa, e a alcaldesa do Concello de Guitiriz, Marisol Morandeira.

Reseña da autora: “O libro trata en como a través da natureza, me atopo a min mesma. Como unha chega a quererse e a loitar polos soños, como me vexo reflexada co mar, cos sitios aos que viaxo, coas relacións entre os animais e o medio, que nunca son como parecen!

No libro hai alusións a momentos bos, e a momentos malos, momentos de inseguridade e de crecemento persoal, pero nunca nostalxia”.