Skip to main content
Axenda Caducada

As Pontes celebra mañá o Día da Poesía

Por 24 Marzo, 2022Marzo 25th, 2022Sin comentarios

As Pontes celebra mañá, venres, o día da Poesía, que se conmemora cada ano o día 21 de marzo, coa presentación do proxecto musical Popsía.

Poesía e música danse a man nun concerto que permitirá realizar un percorrido pola lírica galega desde o século XIII ata finais do século XX, con textos de Mendiño, Afonso X Ou Sabio, Rosalía de Castro, Leiras Pulpeiro, Antón Tovar, Luís Amado Carballo, Xosé María Díaz Castro, Avilés de Taramancos, Valle-Inclán, Manuel María e Celso Emilio Ferreiro en clave pop, rock, soul e funky.

A sesión terá lugar ás 20:30 horas na Casa Dopeso con entrada de balde.