Skip to main content
A Fonsagrada

O 3º Certame de Escaparates e Decoración de Nadal da Fonsagrada xa ten gañadores

Por 3 Marzo, 2022Sin comentarios

Dentro da campaña de Nadal e co obxectivo de dinamizar e fomentar o comercio e o sector servizos do municipio, o Concello da Fonsagrada organizou o “3º Certame de Escaparates e Decoración de Nadal para establecementos comerciais 2021″.

O concurso tiña como finalidade a creatividade do pequeno comercio do Concello, premiando aos negocios coa mellor decoración do Nadal e que proporcionaran un mellor ambiente festivo, fomentando as actuacións de promoción e animación para que o público visitara os negocios do municipio nesa época. Mediante esta campaña conseguiuse que as empresas fosen atractivas para os visitantes e os veciños visualizaran a calidade dos seus produtos e servizos.

Podían participar no concurso todos os establecementos comerciais abertos ao público no Concello da Fonsagrada, independentemente da súa actividade.

O tema a desenvolver na decoración era relativo as Festas de Nadal.

Cada establecemento recibiu un premio de 300€. Os gañadores foron Las BBB pola mellor ambientación de Nadal, a Farmacia Barreira ao máis orixinal e Eukalpia á mellor iluminación