Skip to main content
Lugo

Os alumnos do IES Anxel Fole acolleron a presentación do proxecto Culturban

Por 19 Marzo, 2022Sin comentarios

O artista local Iago Eireos, coordinador do proxecto Culturban posto en marcha pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, presentou o proxecto ás e aos estudantes de 3º, 4º da ESO e 1º de BAC do IES Ánxel Fole, que realizaron un catálogo das mostras de arte urbana que se poden atopar polas rúas de Lugo.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, destacou o traballo das e dos estudantes deste centro, e afirmou que “é unha recopilación que achega información de calidade sobre todas as mostras de arte urbano que podemos atopar polas rúas”.

Ferreiro destacou o papel do Culturban como dinamizador do arte urbano, e explicou que “co Culturban damos desde a área de Cultura un novo espazo ás propostas de arte emerxentes, achegando unha canle de difusión ás novas propostas artísticas e achegando novas ofertas de lecer á veciñanza”.