Skip to main content
Lugo

A ciberseguridade foi o tema principal do encontro que tivo lugar hoxe no Pazo de San Marcos

Por 30 Marzo, 2022Sin comentarios

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, identificou a ciberseguridade como “un dos principias desafíos da sociedade” durante a súa intervención na apertura dun curso organizado polo Sindicato Unificado de Policía que se celebra hoxe no salón de actos da Deputación provincial. No acto tamén participaron a deputada provincial de Rexime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o comisario xefe de Operacións da Comisaría da Policía Nacional de Lugo, Luis Romera.

A subdelegada lembrou que a ciberdelincuencia está a medrar ao mesmo tempo que o fai o uso das novas tecnoloxías, que aumentou substancialmente coa pandemia, ao xeneralizarse as videoconferencias, o teletraballo e as compras por internet, “de maneira que, ademais dos terribles anos causados pola Covid, podemos dicir que tamén provocou unha pandemia de ciberdelitos”.

Rodríguez subliñou que así o constata o VIII Informe sobre Cibercriminalidade, o último publicado polo Ministerio do Interior, no que se recolle que en 2020 produciuse en España un aumento de case o 32% nos delitos relacionados coas tecnoloxías da información e as comunicacións.

A cifra total deste tipo de delitos foi nese ano de 287.963 en España, dos que 14.632 rexistráronse en Galicia, coa provincia da Coruña á cabeza das catro galegas, con máis de 6.000 e a de Lugo entre as menos afectadas con menos de 2.500. Do total de ciberdelitos rexistrados en España, o 89,6% foron estafas informáticas. A moita distancia figuraban as ameazas e coaccións cometidas a través da Internet (14.066 casos), que representan un 4,9%.

O informe debuxa, ademais, o perfil do ciberdelincuente: un home (o 73,3% dos detidos ou investigados), de entre 26 e 40 anos e de nacionalidade española, presuntamente implicado na comisión de fraudes informáticos, ameazas e delitos sexuais.

A subdelegada advertiu de que “o problema vai a máis e a ciberseguridade supón un dos grandes desafíos para as policías de todos os países, xa que sectores vitais como a sanidade, as finanza,s o transporte ou a enerxía dependen cada vez máis das tecnoloxías dixitais, e, polo tanto, a nosa economía e a nosa sociedade están cada vez máis expostas a ciberameazas”.

Rodríguez, que felicitou ao SUP pola iniciativa de organizar este curso aberto a colectivos cidadáns na sesión da mañá, considerou fundamental que tanto os cidadás como as empresas e os organismos públicos estean preparados para facer fronte ao perigo que supón o uso indebido dos nosos datos ou dos ataques a sistemas informáticos que non estean debidamente protexidos.