Skip to main content
Paradela

Paradela aprobou un plan de medidas antifraude

Por 20 Marzo, 2022Sin comentarios

O pleno extraordinario de carácter urxente que se celebrou o pasado martes en Paradela tivo como resultado a aprobación por unanimidade dun plan de medidas antifraude, este aplicarase a proxectos financiados con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O documento elaborado ten como obxectivo garantir que os fondos correspondentes son empregados segundo as normas de prevención, detección e corrección do fraude, corrupción e conflitos de intereses. Desta forma, o Concello deberá formar unha comisión antifraude, de composición técnica que se reunirá unha vez cada seis meses como mínimo.

Este plan é un dos requisitos que ten que cumprir o Concello tras ser seleccionado polo Goberno central para elaborar o plan piloto de Axenda urbana. Paradela é o único concello de Galicia con menos de 5.000 habitantes que foi elixido para este proxecto, isto supón que recibirá 50.000 euros do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

A súa elevada puntuación foi consecuencia directa dun plan e estratexia que o Concello xa estaba levando a cabo co fin de revitalizar o municipio, cun plan de mobilidade sostible.

Esta achega do Goberno Central servirá para humanizar a rúa principal da vila, recuperar o núcleo de Pacios, restaurar camiños e peches tradicionais en Aldosende e eliminar o formigón do campo da feira.